Emprendedores de Uninova na European Youth Week 2026 (Bruxelas, 24 abril-1 maio)
13 de maio de 2026
Como ben nos comentaba Marco, seren seleccionado como un dos poucos mozos que representan a Europa no European Parliament é unha gran responsabilidade, pero tamén unha grande oportunidade para aportar, aprender e medrar.
Durante este encontro, os participantes tiveron a oportunidade de conectar con mozos de todos os países da Unión Europea, compartir ideas, perspectivas e desafíos comúns, así como comprobar de primeira man o talento, a motivación e o compromiso das novas xeracións.
As actividades programadas dentro do evento estaban moi enfocadas ao intercambio de experiencias, co gallo de resultar de inspiración aos participantes, quen con toda seguridade descubriron grazas ao mesmo novos xeitos de entender os retos que presenta o futuro, e ampliaron a súa rede de contactos, persoais e profesionais.
Para Uninova é altamente gratificante contribuír co seu graíño de area a que perfís de emprendedores como Candela e Marco continúen cos seus Proxectos empresariais, aprendendo novas cousas e contribuíndo ao crecemento do país.